martes, 19 de novembro de 2013

Carta aberta de José Ramón, profesor de Vilonchelo, animandonos a asistir ao cursiño de Hanneke Cassel e Micke Block

Como xa sabedes o xoves 21 de novembro às 17:00 temos a oportunidade de asistir a un cursińo (workshop, masterclass) con Hanneke Cassel (fiddle) e Micke Block (violoncello)
Às 20:00 ofrecerán un concerto no auditorio de Cangas no que participaremos tocando con eles o tema que ensinaràn no cursińo.
Tamén estaredes o tanto de que a entrada o cursińo son 5€ e que con iso temos dereito a asistir ó concerto.
Nin que decir ten que a actividade é mui mui recomendable e que sería unha magoa que algún de vos non asistira. Por suposto que non é obrigatorio pero eu, como profesor e como músico, recomendo a asistencia. É unha oportunidade de cońecer e ter contacto con profesionais do máis alto nivel.
Supońo que principalmente xurdiràn dùas PREGUNTAS, a saber:
1.- Non teńo nivel dabondo pra ir a unha clase con eles.
2.- Teńo outra actividade, clase (linguaxe musical, armonía...) e vanme pońer unha falta sin xustificar.

Pois ben éstas son as RESPOSTAS:
1.- O cursińo està pensado pra TODO tipo de NIVEL instrumental. Dende o máis experimentado ata o máis novo. Cada quen terà un papel importante según as súas posibilidades. O máis importante é vivir a experiencia dunha clase con xente que, ademáis de facer música por todo o mundo son asiduos profesores en cursińos, obradoiros, congresos ou universidades.
2.- Esas actividades ou clases témolas todolos días ou tódalas semàns. O cursińo é algo excepcional. Eu encàrgome de falar con profesores, pais, ou con quen faga falta pra xustificar.

Dùas cousas máis:
1- O concerto é tan importante como o cursińo. É ahí onde podedes mirar e escoitar a eses profesionais que estiveron a ensinar antes. É ahí onde mostran e ofrecen o que màis lles gusta facer... facer música. Unha das principiáis razóns, supońo, pola que estades unha Escola de música ou nun conservatorio.
2- Toda canta publicidade podades darlle o concerto serà pouca, deberiamos encher o auditorio pra que esta non sexa a derradeira oportunidade de ter xente así entre nos.

Inscripción na Escola ou na páxina de galiciafiddle.com

Gracias!!!!
José

0 comentarios:

Publicar un comentario